Somos márketing e comunicación.
A túa axencia.

Somos márketing e comunicación.
A túa axencia.

Somos unha Boutique de Comunicación e Márketing. Qeremos ser a túa axencia. Tamén somos axente dixitalizador do Kit Dixital. Desenvolvemos solucións web avanzadas, tendas en liña, apps… Traballamos dende A Coruña e Pontevedra, en Galicia, con clientes en toda España, Portugal e Colombia.

Coñece as nosas solucións de comunicación e de márketing.

Os nosos servizos

Comunicación e Márketing

Axudámosche a entrar en contacto cos teus públicos. Vía comunicacións directas, ou campañas en internet ou prensa, radio, televisión, campañas de chamadas telefónicas…  Máis de 20 anos de experiencia.

A túa web

Desenvolvemos proxectos web profesionais. Páxinas de destino, sitios web completos, a túa tenda en liña, sistemas de reservas, tiqueteira en liña para eventos… Gústache a nosa web? Queremos a túa nos guste aínda máis cá nosa.

Experiencias virtuais

Súmate á innovación. Xeramos experiencias virtuais inmersivas a partir do escaneo de espazos en 3D. Museos, fábricas, hoteis… Suma a realidade mixta ao teu márketing mix.

Axente dixitalizador do Kit Dixital

Coas axudas do Kit Dixital, podes facer a túa nova web, ou mellorar a que tes, ou implantar solucións de software. A  custe cero. Consúltanos. Axudarémosche a escoller e densenvolver a túa nova presenza en internet. Somos axente dixitalizador. Dende Pontevedra e A Coruña desenvolvemos proxectos en toda España.

O programa KIT DIXITAL está financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España Next Generation EU no marco da axenda España Dixital 2025 e do Plan de Dixitalización da PEME 2021-2025.

Moito máis ca unha web, o proxecto  Historiadoreino.gal é unha aposta por xerar e divulgar coñecemento en equipo con especialistas na historia medieval da Universidade de Santiago de Compostela.

REINO DE GALICIA

SITIO WEB | DIVULGACIÓN

Paseo polo Museo Naval del Caribe en 3D. Accede a contidos divulgativos en vídeo, audio, texto, imaxes… Moito máis ca un tour virtual. Unha experiencia.

TOUR VIRTUAL

MuseO NAVAL DEL CARIBE

Outro exemplo de realidade mixta. As espectaculares fotografías de animais de Tim Flach e todo o contido deseñado para apoiar o obxectivo conservacionista da exposición, unha das máis visitadas en Galicia en 2023.

TIM FLACH

EXPERIENCIA VIRTUAL

Rita de la Iglesia integra na práctica da medicina saberes ancestrais, doutras culturas… O reto era contalo nesta web apoiada polo Kit Dixital

RITA DE LA IGLESIA

SITIO WEB

Algúns dos nosos últimos proxectos

Confían en nós